InicioDeportesO Concello de Ribadeo oganiza unha recepción á futbolista Irene Suárez, semifinalista...

O Concello de Ribadeo oganiza unha recepción á futbolista Irene Suárez, semifinalista no campionato de Esapaña

O rexedor, Fernando Suárez, na súa intervención, dixo: “gústanos recoñecer a traxectoria daquelas persoas que, ben xogando en clubs de aquí ou en clubs que son de fora, representades a Ribadeo por aí adiante, ou neste caso representades a Galicia".

Publicada o

- Advertisement -

No salón de plenos do Concello tivo lugar esta mañá a recepción ofrecida á futbolista Irene Suárez Fernández, polo posto de semifinalista acadado no campionato de España sub-16 feminino de fútbol co selección galega, que se celebrou hai unhas semanas en Narón. O alcalde, Fernando Suárez, que estivo acompañado polo técnico de deportes, Iván Rodríguez, fíxolle entrega dun agasallo a esta deportista ribadense. 

O rexedor, na súa intervención, dixo: “gústanos recoñecer a traxectoria daquelas persoas que, ben xogando en clubs de aquí ou en clubs que son de fora, representades a Ribadeo por aí adiante, ou neste caso representades a Galicia. É todo un mérito que sendo unha persoa tan nova xogando nestas categorías ides triunfando por aí adiante, chegastes a ser semifinalistas no campionato de España da vosa categoría, e é unha honra para nosoutros como Concello de Ribadeo, para todos os veciños e veciñas, facer esta recepción e darche un regaliño, un pequeno agasallo para que conserves e para que recordes”.

E engadiu: “seguramente que no teu recordo estará máis que nada o partido, pero co paso do tempo seguro que che vai gustar ter este regaliño. E nada máis, solo che queremos desexar o mellor, es moi nova, tes que seguir competindo, tes que seguir estudando, e este é un consello que sempre damos aquí, non deixar os estudos a un lado aínda que o adestramento, e máis ti que ademais tes que adestrar nun equipo que non está aquí en Ribadeo, dobre tempo de desprazamento, de esforzo, etcétera. Pero non deixes os estudos por nada”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...