InicioOrientalRibadeoMáis de 400 rapaces e rapazas ribadenses participan nas actividades de verán...

Máis de 400 rapaces e rapazas ribadenses participan nas actividades de verán do Concello de Ribadeo

Desde o consistorio engaden: “non temos máis que agradecer novamente, a participación das familias, que ano tras ano animan aos seus fillos e fillas a disfrutar das actividades que organizamos desde o Concello de Ribadeo”.

Publicada o

- Advertisement -

O pasado luns, 4 de xullo, comezaron as actividades de verán da Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade nas que están a participar 416 rapaces e rapazas. Onte un grupo achegouse ata o parque acuático de Cerceda.

Durante todo o mes de xullo e a primeira semana de agosto 416 rapaces e rapazas gozarán das colonias Un verán de historia, da semana tecnolóxica e do encontro xuvenil Ribadeo coa Mocidade.

Desde a Concellaría de Igualdade subliñan que “non esquecemos que as actividades e campamentos de verán forman parte da conciliación da vida laboral e familiar, pero queremos ir un pasiño máis alá, e non ser so unhas actividades de entretemento e goce, queremos garantir ás familias un complemento educativo aos seus nenos e nenas, queremos proporcionar un modelo de intervención socio educativo baseado en temas transversais, que contribúan a un enriquecemento da formación como persoas, sumarlle a socialización e relación entre iguais, potenciar a cultura creativa en igualdade, emprendedora e emponderadora”.

E engaden: “non temos máis que agradecer novamente, a participación das familias, que ano tras ano animan aos seus fillos e fillas a disfrutar das actividades que organizamos desde o Concello de Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...