InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo estima unhas boas expectativas de negocio para o evento indiano

ACISA Ribadeo estima unhas boas expectativas de negocio para o evento indiano

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “xa Ribadeo, podemos dicir, que ten todo a punto para este Ribadeo Indiano, estamos a decorar os últimos detalles de rúas, de prazas, de diferentes sitios da nosa vila, e os establecementos hostaleiros e o comercio tamén se está engalanando con bandeiras, flecos, palmeiras e flores

Publicada o

- Advertisement -

O xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, asegura que as expectativas de negocio para o VII Ribadeo Indiano son moi boas e agarda que esta edición sexa mellor que a de 2019. Desde a asociación empresarial ribadense animan tamén á veciñanza a decorar as súas ventás e balcóns para contribuír a crear un grande ambiente indiano do 8 ao 10 de xullo.

O xerente de Acisa dixo que “xa Ribadeo, podemos dicir, que ten todo a punto para este Ribadeo Indiano, estamos a decorar os últimos detalles de rúas, de prazas, de diferentes sitios da nosa vila, e os establecementos hostaleiros e o comercio tamén se está engalanando con bandeiras, flecos, palmeiras e flores. Desde Acisa gustaríame poder animalos a todos eles, establecementos asociados e non asociados para que decoren as súas terrazas, os seus escaparates, as barras, as fachadas… Creo que este é un evento que precisa tamén desa ambientación, desa decoración que anime a xente, que de alegría e eles, no caso dos socios, teñen moito material á súa disposición e os non asociados tamén o están conseguindo. Eu creo que é una parte moi esencial por iso quero facer hoxe fincapé nesta mensaxe, en que todos os establecementos, dalgunha forma pequena ou grande, se animen e decoren para ambientar Ribadeo”.

Pérez Prada tamén pide á veciñanza que decore balcóns e ventás: “a veciñanza ten un papel tamén moi fundamental, porque durante estes días pode tamén decorar os seus balcóns as súas ventás especialmente nas rúas peonís, estamos a falar das rúas comerciais como Reinante, San Francisco, Rodríguez Murias, San Roque, nas baixadas ao porto… nesas zonas onde os edificios ou casas non son moi altos e se pode facer un traballo de decoración moi bonito para complementar esa que facemos dende a organización, dende o Concello e dende Acisa. Polo tanto tamén esa mensaxe aos veciños e veciñas da vila, para que aínda que sexa con tres ou catro flores no seu balcón, con algo na porta, que poidan complementar a decoración que facemos. Eu creo que pode ser algo tamén interesante que pode dar un resultado moi bo”.

O xerente de Acisa subliñou que “tamén é importante animar á xente a caracterizarse evidentemente. Isto é un evento para ribadenses, para turistas e para visitantes, pero tamén para vivilo os e as ribadenses, que nos vistamos todos dende o venres. Animar a camareiros e comerciantes a que estean caracterizados durante estes tres días para que a vila se traslade como estamos a falar a Cuba, a Venezuela, a Arxentina ou Uruguai e teñamos ese ambiente caribeño, ese ambiente festivo que sen dúbida é parte esencial deste evento”.

Jesús Pérez indicou que as expectativas de negocio son moi boas: “a verdade é que as expectativas dende a organización son moi boas, todo hai que dicilo. Os primeiros datos que temos, que son de reservas esencialmente, están a ser moi bos, estamos a falar de hoteis practicamente cheos, de restaurantes con moitas quendas xa de comidas establecidas para poder dar abasto a toda a demanda que vai haber. Estamos a ver estes días os servizos de distribución completamente desbordados por dicilo así, porque estamos vendo como directamente se reparten palés, de cervexa, de viño, de comida… A verdade é que as expectativas son moi boas. Eu creo que vai ser un moi bo Ribadeo Indianoparece ser que vai haber moi bo tempo, vai haber calor, vai haber sol. E as expectativas económicas de repercusión son altas, non podemos cifralas pero son moi altas, eu creo que similares ao 2019 e espero que sexan mellores incluso“.

E engadiu: “que ninguén deixe de vir pensando que non vai ter onde comer, que non vai ter onde facer nada, Ribadeo ten moi boa estrutura hostaleira, hoteleira e comercial, ten moi bos aparcamentos, entón que ninguén se asuste, que ninguén pense que isto vai ser unha loucura, que o vai a ser, pero vai ser una loucura bonita para recibir á xente que encherá a nosa vila estes días”.

Pérez Prada tamén lembrou que “os locais asociados a Acisa Ribadeo reparten estes días 100.000 rifas entre os seus clientes para participar no sorteo dunha viaxe a Cuba para dúas persoas. O nome da afortunada coñecerase o vindeiro domingo, 10 de xullo, despois do concerto do artista mexicana Lila Downs. Con esa dobre cita no barrio de San Roque concluirá o Ribadeo Indiano 2022”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...