InicioOrientalRibadeoRibadeo reforza a recollida de vidro nos locais que están dentro da...

Ribadeo reforza a recollida de vidro nos locais que están dentro da campaña Ecovidrio

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, explicou que “Ecovidrio xunto co Concello deseñou unha campaña de reforzo de contedores, nos que van figurar as sete edicións do Ribadeo Indiano cos seus carteis. Son oito contedores de reforzo con esa imaxe significativa de cada edición do evento, que están situados en puntos estratéxicos da vila”.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo reforza esta fin de semana a recollida de vidro nos máis de 30 locais hostaleiros que se adheriron á campaña deseñada por Ecovidro e polo Concello. Estes establecementos disporán de contedores especiais para a ocasión e contarán con servizo de recollida porta a porta durante a celebración do Ribadeo Indiano. Ademais o Concello colocou en puntos estratéxicos da vila 8 contedores para o vidro, engalanados para estas datas. Eses recipientes están decorados cos carteis das sete edicións do Ribadeo Indiano.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, explicou que “Ecovidrio xunto co Concello deseñou unha campaña de reforzo de contedores, nos que van figurar as sete edicións do Ribadeo Indiano cos seus carteis. Son oito contedores de reforzo con esa imaxe significativa de cada edición do evento, que están situados en puntos estratéxicos da vila”.

O edil ribadense indicou que “ademais ponse en marcha unha recollida porta a porta para os hostaleiros, da que se beneficiarán entre 30 e 40 locais das zona da vila que forman parte do recorrido da festa indiana, desde o porto ata a rúa San Roque. Unha parella de rapaces van ir recollendo os residuos de vidro en todos os locais que se quixeron adherir a esta campaña que solicitamos e Ecovidrio, que foi por cada establecemento que o precisou, levoulles un contedor para que fixesen mellor ese labor. Entón durante sábado e domingo van ter á súa disposición ese servizo de porta a porta: vanlles recoller os envases de vidro e despois devolveranlles o recipiente baleiro”.

Díaz Freije agarda que “sexa unha xornada lúdica e festiva propicia para toda a vila, para todos os visitantes e para todos os veciños de Ribadeo e que para os hostaleiros supoña unha boa festividade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...