InicioEconomíaPresentada unha candidatura para a renovación da Xunta Directiva de ACISA

Presentada unha candidatura para a renovación da Xunta Directiva de ACISA

Todas teñen como principais obxectivos manter as iniciativas organizadas ata agora polo colectivo empresarial que resultaron máis exitosas, promover novas actividades e aumentar o número de socios porque “cantos máis sexamos máis forte será a asociación e iso é mellor para todos e para Ribadeo”.

Publicada o

- Advertisement -

Este martes 12 de xullo, presentouse unha candidatura para a renovación da xunta directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo, proceso que foi convocado o 24 de marzo.

A lista está formada por: Carmen Cruzado Iglesias, de Faro Norte Comunicación, para a presidencia; Virgina Eceiza Baltar, de Gastrobar Mareta, para o cargo de vicepresidenta; Manuela Torviso Pérez, de Lencería Torviso, para a tesourería; Felipe Fernández Barcia, do restaurante A Horta de San Roque, para a secretaría; e como vogais José Ramón Leal Segura, da galería Terra Branca, e Álvaro Suárez Cernuda, das tendas de moda Coco e Jatay. Polo tanto conta con 3 representantes do sector comercio, 2 de hostalería e 1 de servizos.

Nesta candidatura hai persoas que xa formaron parte de anteriores directivas de Acisa pero a maioría delas nunca estiveron na xunta desta asociación. Todas teñen como principais obxectivos manter as iniciativas organizadas ata agora polo colectivo empresarial que resultaron máis exitosas, promover novas actividades e aumentar o número de socios porque “cantos máis sexamos máis forte será a asociación e iso é mellor para todos e para Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...