InicioOrientalRibadeoRibadeo pide un consumo responsable de auga á cidadanía debido á actual...

Ribadeo pide un consumo responsable de auga á cidadanía debido á actual seca

Este ente insiste en que se fai preciso adoptar medidas de aforro e uso responsable da auga, aínda que Viaqua (a empresa concesionaria) recoñece que de acordo co Plan de Emerxencia de Seca do Concello de Ribadeo, o estado no que se atopa o abastecemento é de normalidade.

Publicada o

- Advertisement -

A Concellaría de Medio Ambiente recomenda un consumo responsable da auga, debido ao estado de prealerta ocasionado pola seca prolongada que sofre esta comunidade desde comezos de ano e que lle foi comunicado ao Concello de Ribadeo por parte de Augas de Galicia.

Este ente insiste en que se fai preciso adoptar medidas de aforro e uso responsable da auga, aínda que Viaqua (a empresa concesionaria) recoñece que de acordo co Plan de Emerxencia de Seca do Concello de Ribadeo, o estado no que se atopa o abastecemento é de normalidade.

De todos os xeitos desde a Concellaría de Medio Ambiente lembran que “sería bo que nos concienciemos da importancia deste ben tan prezado, como é a auga, pechando as billas mentres esteamos enxaboando os pratos, mentres nos afeitamos, lavamos os dentes, as mans, o pelo ou o corpo; temos que evitar que as billas pinguen; poñamos a lavadora ou o lavalouzas cando estean completamente cheos; acudamos a unha estación de lavado automático de coches en lugar de empregar a mangueira; bañemos ás nosas mascotas nun terreo que necesite rego; e instalemos filtros atomizadores ou sistemas economizadores”. E engaden: “con pequenos xestos podemos conseguir grandes cousas entre todas e todos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...