InicioOrientalRibadeoVolven a Ribadeo as xornadas Mar por Medio para o mes de...

Volven a Ribadeo as xornadas Mar por Medio para o mes de setembro

Durante os tres días que durarán as xornadas haberá táboas redondas, unha exposición sobre a Ruta Xacobea e interpretacións musicais, todo relacionado co Camiño de Santiago e co fenómeno Xacobeo.

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, amósase satisfeita de que Ribadeo retome as Xornadas Mar por Medio, que se celebrarán do 16 ao 18 de setembro na vila.

Otero Cabarcos declarou que “no Concello de Ribadeo estamos encantados de poder recuperar as Xornadas Mar por Medio, que terán lugar no auditorio municipal Hernán Naval o vindeiro mes de setembro. Desde o Concello sempre apoiamos estas iniciativas históricas e culturais”.

A Academia Xacobea, en colaboración coa Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago, a Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo, organiza as XVII Xornadas Xacobeas Mar por Medio nas que estará presente e participará como conferenciante o hispanista británico John Rutherford, impulsor e difusor desta cita en anteriores edicións.

A inscrición para asistir ás Xornadas Mar por Medio abrirase o 20 de xullo na web da Academia Xacobea www.academiaxacobea.gal

Durante os tres días que durarán as xornadas haberá táboas redondas, unha exposición sobre a Ruta Xacobea e interpretacións musicais, todo relacionado co Camiño de Santiago e co fenómeno Xacobeo. A esta edición acudirán como conferenciantes persoas do ámbito universitario, da comunicación, da cultura, da igrexa, da administración e da propia Academia, todas elas expertas coñecedoras e difusoras do mundo Xacobeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...