InicioOrientalRibadeoRecuperan a reunión anual de veciños dos barrios ribadenses da Regueira e...

Recuperan a reunión anual de veciños dos barrios ribadenses da Regueira e San Lázaro

A comisión organizadora do evento anuncia: “despois da lóxica paréntese da pandemia, agora que diminuíu en gravidade, propoñemos unha nova reunión dos veciños da Regueira e San Lázaro para o sábado día 30 deste mes de xullo de 2022".

Publicada o

- Advertisement -

Veciños dos barrios ribadenses da Regueira e San Lázaro recuperan o día 30 deste mes de xullo, sábado, o seu encontro anual, que foi interrompido pola pandemia.

A comisión organizadora do evento anuncia: “despois da lóxica paréntese da pandemia, agora que diminuíu en gravidade, propoñemos unha nova reunión dos veciños da Regueira e San Lázaro para o sábado día 30 deste mes de xullo de 2022. O lugar de celebración será no restaurante Voar ás 14:00 horas. Dado que a pandemia non está totalmente esquecida reservamos a terraza para a celebración do xantar ao aire libre, cuxo custo será de 35 euros por comensal. Nesta ocasión e debido á demanda dalgúns dos veciños os asistentes poderán ir acompañados, facendo efectivos os 35 euros por persoa correspondentes.”

Os organizadores engaden: “somos conscientes de que a nosa base de datos non está completa polo que se algún actual ou antigo residente da Regueira-San Lázaro non recibe as nosas comunicacións agradeceriámosvos que vos puxésedes en contacto por teléfono ou WhatsApp con Mari Carmen (600.27.77.91), Manolo (649.97.90.36) ou Paco (639.13.66.01). Así mesmo se coñecedes a alguén que non está incluído agradecemos que nolo fagades saber ás persoas antes mencionadas.”

Os tickets para a comida pódense adquirir na tenda de Sargadelos que está na ribadense rúa Reinante contactando con Lourdes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...