InicioOrientalRibadeoRibadeo licita o arranxo dun vieiro en Arante cun investimento de máis...

Ribadeo licita o arranxo dun vieiro en Arante cun investimento de máis de 100.000 euros

O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, contou que “estamos sacando a licitación pública o arranxo dunha vía de comunicación moi importante na parroquia de Arante, concretamente no núcleo de Remourelle".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello saca a licitación o arranxo dunha vía de comunicación moi importante na parroquia de Arante, no núcleo de Remourelle. Trátase dun camiño municipal de Ribadeo que comunica con outro do veciño Concello de Barreiros. O investimento ascende a 103.000 euros, dos que o 66.000 corresponden a unha achega en dúas anualidades da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poden facelo ata 8 de agosto.

O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, contou que “estamos sacando a licitación pública o arranxo dunha vía de comunicación moi importante na parroquia de Arante, concretamente no núcleo de Remourelle. Quixemos coordinar unha actuación moi demandada desde hai anos, que era unha saída dun camiño municipal de Ribadeo a outro do veciño Concello de Barreiros. Coordinamos os dous Concellos para facer cadansúa parte neste ano 2022”.

O edil nacionalista explicou que “o proxecto de ensanche e reforzo deste camiño de Remourelle ao límite do Concello de Barreiros ten unha lonxitude total de 1,760 metros e imos dotalo dun firme de algomerado en quente e corredores laterais de saburra (zahorra), así como limpeza de cunetas, novas obras de fábrica e sinalización horizontal”.

Villamil dixo que “o importe do proxecto ascende a 103.000 euros dos cales recibimos unha achega de 66.000 en dúas anualidades por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia. O prazo de execución das obras é dun mes e todas as empresas interesadas teñen 20 días naturais para presentar as ofertas. Este período rematará o 8 de agosto”.r

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...