InicioOrientalRibadeoRibadeo concede unha subvención de case trinta mil euros á comisión das...

Ribadeo concede unha subvención de case trinta mil euros á comisión das festas patronais

O convenio foi rubricado polo alcalde, Fernando Suárez, e polo presidente da asociación, Martín Graña, asistidos polo secretario en funcións, José Rodil. Tamén estiveron presentes no acto a concelleira de Cultura, Pilar Otero, e a técnica municipal de Cultura, Neves Paz.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello concedeulle unha subvención nominativa por importe de 27.000 euros á asociación cultural Santa María do Campo e San Roque para a organización dos festexos do copatrón e da patroa.

Este mércores tivo lugar a sinatura do convenio de subvención nominativa pola que o Concello de Ribadeo lle outorga á asociación cultural Santa María do Campo e San Roque 27.000 euros para a organización das festas de San Roque e das Patronais.

O convenio foi rubricado polo alcalde, Fernando Suárez, e polo presidente da asociación, Martín Graña, asistidos polo secretario en funcións, José Rodil. Tamén estiveron presentes no acto a concelleira de Cultura, Pilar Otero, e a técnica municipal de Cultura, Neves Paz.

Otero Cabarcos declarou que “esta subvención únese ás que teñen asignadas nominativamente 16 celebracións na maioría das parroquias ribadenses. Trátase dunha partida xestionada pola área de Cultura que contribúe a que se sigan mantendo estes eventos que sempre supoñen un aliciente na vida social e asentan a tradición das festas patronais”.

A concelleira de Cultura engadiu que “evidentemente a colaboración económica é moi importante para a organización das festas patronais, pero esta súmase á cesión de espazos para a recadación de cartos a través da instalación de barras ou venda de entradas para algunhas actuacións ou concertos este verán e á loxística que poidan precisar para todo o que organice a comisión das festas, tal e como vimos facendo desde o primeiro momento”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...