O ‘Pancha Festival’ celebrarase este venres organizado pola Comisión de Festas para recadar fodos de cara as festas patronais

Sobre o Pancha Festival o presidente da comisión, Martín Graña, contou que a venda anticipada de entradas se animou nos últimos días: “esta semana parece que a xente, fai como coa lotería, empezou a animarse e xa nos están chamando desde varios dos puntos para dicirnos que as entradas se están esgotando".


O alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Cultura, Pilar Otero, visitaron esta tarde o aparcamento no que mañá, venres, terá lugar o Pancha Festival, evento organizado pola comisión das festas patronais co obxectivo de recadar fondos para financiar eses festexos.

A edil declarou que “desde o Concello de Ribadeo apoiamos a esta comisión de festas e axudámola en todo o que podemos como levamos facendo desde o primeiro momento. É unha comisión de festas moi nova, pero tamén moi traballadora, moi eficiente, que está facendo as cousas como se deben facer. Estamos seguros de que van organizar unhas grandes festas e teñen, como non, o noso apoio sempre”.

Sobre o Pancha Festival o presidente da comisión, Martín Graña, contou que a venda anticipada de entradas se animou nos últimos días: “esta semana parece que a xente, fai como coa lotería, empezou a animarse e xa nos están chamando desde varios dos puntos para dicirnos que as entradas se están esgotando. Iso quere dicir que a cousa vai ben. Mañá, venres, a partir das cinco e media abrimos a billeteira e o prezo será de 12 euros e aquí estaremos nós para atender a quen queira pasarse a comprar a entrada”.

Sobre as festas patronais, que se celebrarán en setembro, Graña dixo que “o programa está case pechado a falta duns detalles, pero agora estamos moi centrados no Pancha Festival porque se non sae ben vai ser unha fonte de ingresos moi importante para financiar as festas patronais. Estamos moi contentos e está todo encamiñado”. E engadiu que “afrontamos esta andaina na comisión de festas de Ribadeo con moita ilusión e con moito respecto”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here