InicioOrientalRibadeoO Concerto do Día da Patria en Ribadeo celebrouse ante un numeroso...

O Concerto do Día da Patria en Ribadeo celebrouse ante un numeroso público

Na peza A Cova do Rei Cintolo actuou como narrador Manel Yáñez, a quen agradeceu a súa participación o director da Banda, que tamén deu as grazas ao público pola súa asistencia e polos seus os aplausos.

Publicada o

- Advertisement -

O concerto do Día da Patria da Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, xuntou a numeroso público no Campo de San Francisco este pasado luns, 25 de Xullo.

A Banda ribadense interpretou un repertorio moi variado: Balancé, de Reveriano Soutullo; Balada Galega, de Xoán Montes; Torre de Arena, de M. Gordillo; A Cova do Rei Cintolo, de Frank J. Cogollos; Allegretto Sinfonía nº7, de Ludwig van Beethoven; Medley Boleros, con arranxos de J. Molina; The Firebird, de Igor Stravinsky; O Chopo, de Manuel Iglesias Domínguez; Eye of the tiger, de F. Sullivan e J. Peterik; e Got You (I feel Good), de James Brown. Os bises foron Mozos de Penedo e o Himno Galego.

Na peza A Cova do Rei Cintolo actuou como narrador Manel Yáñez, a quen agradeceu a súa participación o director da Banda, que tamén deu as grazas ao público pola súa asistencia e polos seus os aplausos.

As próximas actuacións da Banda Municipal de Ribadeo na vila ribadense serán o 16 de agosto na festa de San Roque, o 20 de agosto no Festival de Bandas, que será no auditorio municipal Hernán Naval; e o 28 de agosto no concerto de música de cine no Campo de San Francisco.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...