InicioOrientalRibadeoRibadeo gozará esta fin de semana dunha nova edición de Toma Tomate...

Ribadeo gozará esta fin de semana dunha nova edición de Toma Tomate con tapas elaboradas con este produto da horta local

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “o Concello de Ribadeo, na súa aposta pola promoción da alimentación saudable, sostible e polo produto de proximidade, continúa como todos os veráns a realizar eventos dentro do Mercado dos Domingos. Así o 31 de xullo terá lugar unha cita dedicada ao tomate”.

Publicada o

- Advertisement -

O 31 de xullo celebrarase no Mercado dos Domingos unha nova edición de Toma Tomate. Haberá desfile, música e os bares da contorna ofrecerán tapiñas elaboradas con este produto da horta.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “o Concello de Ribadeo, na súa aposta pola promoción da alimentación saudable, sostible e polo produto de proximidade, continúa como todos os veráns a realizar eventos dentro do Mercado dos Domingos. Así o 31 de xullo terá lugar unha cita dedicada ao tomate”.

O edil ribadense sinalou que “o tomate é ese produto que ten orixinado moitas expresións da nosa fala cotiá como toma tomate ou aquí hai tomate e que deixa constancia da súa enorme popularidade. Trátase dunha hortaliza que forma parte e se integra en moitas das receitas dos nosos menús. E é especialmente no verán o momento no que está no seu máximo esplendor”.

Vizoso Galdo explicou que “Toma Tomate así se chamará este evento, que terá lugar o vindeiro, 31 de xullo, no Mercado dos Domingos. Ao longo desa mañá, ademais da venda directa dos produtores e produtoras que forman parte deste mercado, terán lugar unha serie de actividades que teñen coma fío condutor o tomate. E así teremos a partir das 11.30 da mañá unha actividade de entretemento e coñecemento denominada Tira da Ruleta, que está dirixida a todos os públicos. Ás 12.30 haberá un Desfile de Tomates. Ás 13.50 contaremos con música no mercado con Tomaccos. E ao longo da mañá o Centro Pedro Murias ofrecerá unha mostra de tomates cultivados na súa finca. Ademais tamén se poderán degustar tapiñas nalgúns dos establecementos da contorna do Mercado dos Domingos”.

O Bar Queimada ofrecerá guiso de tomate e polbo e gazpacho doce de tomate. A proposta do Bar A Ribeira será tomate recheo e o Fumarel servirá cabala mariñada sobre tomate da horta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...