InicioOrientalRibadeoRibadeo clausura o proxecto Argadelo destinado a facer do programa Cultura nas...

Ribadeo clausura o proxecto Argadelo destinado a facer do programa Cultura nas Parroquia un labor interactivo

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, engadiu que “unha quincena de persoas tiveron este mércores a súa última sesión e collen vacacións en agosto para volver con máis folgos no outono".

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, asistiu ao peche de tempada de Argadelo na parroquia das Anzas. A edil lembrou que “comezaba en maio Argadelo, un proxecto do Concello de Ribadeo en colaboración co músico e actor focego Manolo Vázquez, Manolo Panforreteiro. A idea era que o ciclo Cultura nas Parroquias se volvese interactivo e que a proposta cultural fora unha viaxe de ida e volta”.

Otero Cabarcos subliñou que “Argadelo non é só música, teatro ou acción. É un xeito de xuntar persoas de todas as idades arredor dunha idea común, comunitaria, de verse unha vez por semana e crear cultura tendo como espazo a aldea, neste caso a das Anzas, un lugar dos máis dinámicos de Ribadeo”.

E engadiu que “unha quincena de persoas tiveron este mércores a súa última sesión e collen vacacións en agosto para volver con máis folgos no outono. Asemade, visto o éxito da iniciativa, Argadelo vaise instaurar noutra parroquia ribadense, que aínda está por desvelar”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...