InicioOrientalRibadeoDenuncian o "colapso sanitario" en Ribadeo, con tres médicos para 14.000 persoas

Denuncian o “colapso sanitario” en Ribadeo, con tres médicos para 14.000 persoas

Publicada o

- Advertisement -

BNG denunciou o “absoluto colapso” da sanidade pública galega e da atención primaria en particular que, ademais, considera que “se vai a agravar ata un límite insustentable” e pide “non normalizar” a situación. Unhas denuncias ás que se vén de sumar o grupo socialista do Concello coas palabras que seguen: “De pouco nos sirve que se anuncie a bombo e platillo un centro de saúde na nosa vila se non vai contar cos profesionais sanitarios necesarios para atender aos seus usuarios”

En rolda de prensa este luns, o viceportavoz parlamentario do BNG Manuel Lourenzo censurou que este “colapso” se vive “de punta a punta do país” e, neste sentido, explicou que este domingo no municipio lucense de Ribadeo denunciaron que había “tan só un equipo médico, unha enfermeira e unha administrativa para atender a unha poboación de 14.000 persoas” e tamén na localidade pontevedresa da Guarda, onde detallou que “hai mobilizacións sistemáticas contra espectáculos tan bochornosos como aquela padiola á carreira”.

Nesta mesma liña, situou a realidade concreta da área sanitaria de Pontevedra ou Salnés como “o quilómetro 0 deste desastre”, xa que “PAC que incrementan moitísimo a súa poboación, como Vilagarcía ou Sanxenxo, quedan ao descuberto sistematicamente”.

Chegamos a ter que aguantar a indecencia de que o PAC de Vilagarcía deixou sen atención sanitaria a 40.000 persoas. É unha situación que traspasa todas as liñas vermellas”, censurou o deputado.

CITA ATENCIÓN PRIMARIA

Así mesmo, Manuel Lourenzo tamén quixo rexeitar que se pretenda “naturalizar” que as persoas que soliciten cita en atención primaria “teñan que esperar entre 10 ou 15 días” ou que “aparezan para unha urxencia e lles digan que non hai médicos”. Ante esta situación pediu “non resignarse a velo como normal”. Ademais, manifestou que non se chegou a este punto “por ciencia infusa”, senón por unha cuestión “ideolóxica, consciente e planificada“.

Para Manuel Lourenzo, esta conxuntura chega “despois de máis dunha década de desmantelamento de estruturas directivas, da atención primaria, de contratos precarios e de negativa de incorporar novos profesionais”, así como de “xubilacións que non se cubrían a pesar de que no Parlamento insistiuse en que se non se cubrían chegaríase a esta situación”.

DENUNCIA DO PSDEG

Os Socialistas de Ribadeo tamén criticaron a situación da sanidade no Concello, que ven vítima dun “desmantelamento sanitario”. A voceira socialista, Marta Rey aludiu ás constantes queixas dos usuarios do PAC e da veciñanza da Comarca, na que segundo apunta se evidenciou que só había un equipo médico nestas datas. “Este equipo sanitario inclúe un médico, un enfermeiro e un administrativo para atender aos doentes de Ribadeo, Barreiros e Trabada”, explican.

Rey explicou que este mesmo equipo “tamén é o responsable de dar cobertura aos desprazados, que neste época do ano aumentan de xeito exponencial nestes concellos, así como os doentes que por circunstancias médicas teñen que ser atendidos nos seus domicilios particulares”. “Son arredor de 14.000 persoas a carga de traballo que recae en tan só tres profesionais sanitarios do PAC de Ribadeo. Está é a sanidade do PP, recortes e peches”, incidiu. 

 

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...