InicioOrientalRibadeoRibadeo abre prazo para pedir a recollida de plásticos agrícolas 'porta a...

Ribadeo abre prazo para pedir a recollida de plásticos agrícolas ‘porta a porta’

Os produtores do concello poderán demandar o servizo até o 9 de setembro.

Publicada o

- Advertisement -

Achégase o período de recollida de plásticos agrícolas en Ribadeo. Así o vén de anunciar o alcalde en funcións, Pablo Vizoso, que fixou a través dun Bando o 12 de setembro como data de inicio para a recollida ‘porta a porta’ de plásticos agrícolas.

Segundo apuntan dende o Concello, as explotacións que necesiten este servizo deberán solicitalo antes do 9 de setembro chamando ao teléfono do Punto Limpo Municipal 664 00 09 32, dentro do seu horario, que é de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 18:30 horas e os sábados de 9:00 a 13:00 horas.

Pablo Vizoso subliñou no Bando que “esta recollida comezará o 12 de setembro e prolongarase os días que sexan necesarios para atender todos avisos de recollida recibidos”. Dende a Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo agradecen a máxima colaboración e piden que, para que o servizo se preste nas condicións idóneas, “as explotacións que precisen a recollida procuren ter os plásticos en lugar adecuado e facilmente accesible para o camión da recollida”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...