A beleza dos nosos océanos chega a Ribadeo en forma de exposición

Poderá visitarse ata o próximo 4 de setembro.

Exposición 'Os nosos océanos' en Ribadeo - AFUNDACIÓN

Afundación e Abanca presentan desde este xoves e ata o próximo 4 de setembro na Praza de Abastos de Ribadeo a exposición ‘Os nosos océanos’, desenvolvida en colaboración co Concello de Ribadeo e o Editorial Planeta e baixo o comisariado de Joaquín Araújo, experto no medio ambiente e reputado ecoloxista.

Con esta exposición, Afundación sae á rúa cunha achega cultural que xunta mensaxe, beleza, transcendencia e emoción. Esta proposta forma parte do proxecto de capilaridade cultural de Afundación, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo.

‘Os nosos océanos’ é, así mesmo, unha invitación a reflexionar sobre o impacto da actividade humana, así como sobre a “necesidade perentoria de incorporar a sustentabilidade á nosa forma de vida”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here