InicioCulturaRegresa a Ribadeo o XI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos

Regresa a Ribadeo o XI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos

A empresa convidada este ano será Buxo Especial Trucks, da Pontenova e especializada na creación de camións especiais para a recollida do lixo en cascos antigos.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo acollerá do 23 ao 26 de agosto o XI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia. O encontro terá unha duración de 32 horas e conta coa homologación da Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, asegurou na presentación do Fórum que a programación terá un esquema de traballo similar a anos anteriores. “É unha actividade aberta a toda a xente que queira vir ata cubrir a capacidade máxima de 50 persoas”, explicou. Neste momento hai inscritas xa sobre 40.

A empresa convidada este ano será Buxo Especial Trucks, da Pontenova e especializada na creación de camións especiais para a recollida do lixo en cascos antigos, mais tamén estarán presentes empresas de anos anteriores, como Robert Bosch ou Stellantis. Así mesmo, o Fórum contará coa participación da Empresa Municipal de Transportes de
Madrid.

O Fórum contará con diversas actividades. “Teremos unha visita ao casco antigo de Viveiro e ao Fuciño do Porco, e despois vai haber unha serie de actividades nas praias. O Fórum durará ata o venres, xornada na que se cerrará ás tres da tarde cunha conferencia impartida por Álvaro Sauras, enxeñeiro da revista de Autofácil, sobre a tecnoloxía Tesla”, explicou Doural.

O programa complétase cun obradoiro sobre as redes sociais e talleres de soldadura, climatización, aerografía e sistemas Adas, ademais da presentación do proxecto Erasmus sobre vehículos eléctricos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...