InicioOrientalRibadeoRibadeo acolle unhas xornadas sobre innovación no sector do automóbil

Ribadeo acolle unhas xornadas sobre innovación no sector do automóbil

A Deputación colabora con estas xornadas desenvoltas sobre un dos sector máis importantes do PIB galego.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo acolle estas xornadas o XI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) e en cuxa inauguración participou este martes o Deputado de Promoción Económica e Social Pablo Rivera Capón.

Esta cita, que reúne a 32 profesionais, estudantes e afeccionados do sector, celébrase ata o venres cunha axenda chea de actividades relacionadas co mundo da automoción, que inclúe materia máis teórica e visitas a empresas. En concreto, as xornadas saen adiante apoiadas pola Deputación nunha contía de 3.000€.

Dende o ente provincial destacan a importancia do investimento tecnolóxico no desenvolvemento económico e destacan que a automoción “representa arredor dun 15% do PIB galego, cunha facturación de 11.200M€. Cunha participación nas exportacións de entorno a un 28%, o sector supera os 23.000 empregos directos repartidos en 200 empresas, e é tamén unha fonte importante de xeración de emprego indirecto”, inciden.

En particular, Rivera coida que “o carácter interdisciplinar” da xornadas “é unha das razóns do seu éxico e consolidación” e que, un ano máis, “un dos atractivos” do encontro “o debate en torno ás novas tecnoloxías” porque “falar da innovación tecnolóxica nos automóbiles, autobuses e vehículos industriais é falar do futuro da súa industria e do conxunto da sociedade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...