InicioOrientalRibadeoRibadeo pide á Capitanía que sinalice o tendido eléctrico do río Grande...

Ribadeo pide á Capitanía que sinalice o tendido eléctrico do río Grande tras a morte dun mozo

O consistorio carece de competencias, de aí que reclame a sinalización.

Publicada o

- Advertisement -

Novidades en Ribadeo. O Concello vén de apuntar ao envío dun escrito á Capitanía Marítima de Burela pregándolle que sinalicen oportunamente o “perigo existente na desembocadura do río Grande, na ría de Ribadeo, por mor do tendido eléctrico de alta tensión que sobrevoa ese espazo”. Todo despois de que o pasado domingo perdera a vida un mozo de 22 anos, que navegaba nunha embarcación de vela latina. 

O Concello enviou copia deste escrito tamén ao Servizo Provincial de Costas, á Confederación Hidrográfica do Cantábrico, á Dirección Xeral de Emerxencias e a Begasa. A alcaldesa en funcións, Mónica Freire, explicou que “no día de hoxe o Concello de Ribadeo remitiu un escrito a Capitanía Marítima de Burela co motivo do tráxico accidente mortal que aconteceu o pasado domingo na nosa ría. Aínda non tendo este Concello competencias na lámina de auga, coa excepción das zonas de baño, non sendo o caso do lugar do suceso, preocúpanos seriamente a presenza deste tipo de perigos no noso entorno, que poidan chegar a afectar aos nosos veciños e veciñas e tamén aos visitantes, como así aconteceu neste caso”.

A rexedora lembrou que “non é a primeira vez que se produce unha situación deste tipo, pois hai algo mais dun ano no curso do río Eo, a altura de Abres, outra embarcación de vela latina tamén se vira afectada por un tendido eléctrico que por sorte, naquel caso, non produciu danos persoais mais ala do susto”.

Freire Rancaño subliñou que “o que fixemos neste escrito é pregarlle á Capitanía Marítima de Burela que sinalicen oportunamente o perigo existente na  desembocadura do río Grande,  na ría de Ribadeo, por mor do tendido eléctrico de alta tensión que sobrevoa este espazo, así como calquera outro punto do noso entorno no que poidan existir este tipo de perigos, ou de calquera outra clase, para a navegación. Ademais de á Capitanía Marítima, mandamos copia deste escrito polas súas posibles competencias, ao Servizo Provincial de Costas en Lugo, á Confederación Hidrográfica do Cantábrico, á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, así como tamén a Begasa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...