InicioEconomíaA subdelegada do Goberno visita ACISA Ribadeo para informar de axudas para...

A subdelegada do Goberno visita ACISA Ribadeo para informar de axudas para a dixitalización

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, animou ás empresas de Ribadeo a sumarse ao kit dixital, lembrou que a primeira convocatoria destas axudas rematará o 15 de setembro e que a segunda estará activa ata o 2 de setembro de 2023.

Publicada o

- Advertisement -

Nas instalacións de Acisa celebrouse esta mañá un encontro coa subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, que se desprazou ata Ribadeo para informar sobre as axudas destinadas á dixitalización das empresas que teñan entre 3 e 9 empregados. Este segundo segmento abriuse o pasado 2 de setembro e prolongarase ata o 2 de setembro de 2023.

Ao acto asistiron o xerente, o secretario, a vicepresidenta e a presidenta de Acisa, Jesús Pérez, Virginia Eceiza, Felipe Barcia e Carmen Cruzado, respectivamente, así como o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e a concelleira Mónica Freire.

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, animou ás empresas de Ribadeo a sumarse ao kit dixital, lembrou que a primeira convocatoria destas axudas rematará o 15 de setembro e que a segunda estará activa ata o 2 de setembro de 2023.

No encontro a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, aproveitou a ocasión para pedir máis presenza da forzas de seguridade, Garda Civil e Policía Local, nas rúas de Ribadeo nas noites da fin de semana, así como a posibilidade de organizar charlas informativas en materia de ciberseguridade e seguridade en xeral destinadas aos comercios asociados da organización empresarial ribadense.

Carmen Cruzado agradeceu a presenza da subdelegada en Acisa: “valoramos positivamente que nos viñese achegar información sobre o kit dixital e que animase ás empresas a non perder esta oportunidade, que non terá custe algún para elas”. E engadiu: “quedamos en colaborar en todo o que sexa posible desde Acisa coa Subdelegación do Goberno e viceversa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...