IniciosociedadePesar en Ribadeo pola morte de Francisco Díaz Rey quen ocupou diversos...

Pesar en Ribadeo pola morte de Francisco Díaz Rey quen ocupou diversos postos na Xunta e Goberno central

Díaz Rey foi tamén director da Casa de Galicia en Madrid e moitos dos seus cargos estiveron venculados ao turismo e á promoción turística.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, transmitiu hoxe o pésame do Concello ribadense á familia de Francisco Díaz Rey, Pancho Ledo, finado recentemente e que nacendo en Ribadeo e estando fora del moitos anos, “nunca esqueceu a terra que o viu nacer”.

O alcalde Suárez Barcia dixo: “estamos falando de Francisco Díaz Rey, tamén coñecido como Pancho Ledo. Esta persoa ocupou diferentes cargos nos gobernos do Estado e máis da Xunta de Galicia nos primeiros anos de andaina autonómica”.

Díaz Rey foi tamén director da Casa de Galicia en Madrid e moitos dos seus cargos estiveron venculados ao turismo e á promoción turística. O alcalde ribadense subliñou que “foi el, no seu tempo de Director Xeral de Turismo, quen promoveu e xestionou a edición das primeiras imaxes publicitarias dos arcos da praia de Augasantas, que logo xeneralizou o seu nome como As Catedrais”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...