Ribadeo destina case 50.000 euros para a reparación do firme en varias vías locais

O concelleiro Marcos Villamil apuntou que xa se repararon moitos quilómetros de viarios locais, “mais aínda queda moito por facer”.

Pistas arranxadas nun núcleo rural do concello. AXM

O Concello de Ribadeo está realizando obras de reparación en diferentes camiños das parroquias que compoñen o termo municipal. En total o investimento ascenderá a 47.000 euros achegados desde fondos propios. Espérase que o prazo de execución sexa dun mes, segundo deu a entender este martes o concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil.

Villamil sinalou que as obras estanse a realizar estes días para aproveitar o bo tempo. O concelleiro tamén apuntou que xa se repararon moitos quilómetros de viarios locais, “mais aínda queda moito por facer”. Ademais explicou que mentres non chegue o aglomerado asfáltico a todas as parroquias, a solución segue sendo reparar o ocos abertos no firme dos camiños e pistas.

O concelleiro de Medio Rural explicou que “a empresa adxudicataria é Deymet”. Xunto a isto, pediu disculpas polas molestias que estas obras poidan ocasionar na circulación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here