InicioOrientalRibadeoA Torre dos Moreno en Ribadeo xa ten licenza para as obras...

A Torre dos Moreno en Ribadeo xa ten licenza para as obras de intervención estrutural

Publicada o

- Advertisement -

A xunta de goberno local de Ribadeo concedeu licenza de obra para a intervención estrutural, reparación de cuberta e fachadas da Torre dos Moreno. O alcalde, Fernando Suárez, espera que tras esta actuación o edificio poida lucir o esplendor que tivo a principios do século XX.

O rexedor dixo que “xa explicamos que ultimamente algo se está a mover en Ribadeo para ben. Desde o punto de vista urbanístico, ben sexa de vivendas de nova construción, de novas actividades económicas ou de rehabilitacións de inmobles existentes”.

Sobre inmobles residenciais Fernando Suárez explicou que “demos licenza de obra para o proxecto básico de construción dun edificio para 13 vivendas e dous locais comerciais na Avenida de Asturias-esquina coa Rúa San Francisco. E tamén outorgamos licenza de obra para a construción de dúas novas vivendas unifamiliares na vila e en Piñeira, así como a rehabilitación integral doutra en Vilaselán”.

O alcalde ribadense seguiu a relatar que “onte tamén demos a autorización para as obras necesarias para cumprir a normativa de acceso a persoas con mobilidade reducida na discoteca da Rúa Vilalba”.

Fernando Suárez subliñou sobre as obras na Torre dos Moreno que “os materiais de recuperación das fachadas van ser similares aos do morteiro de cal e en todo caso a intervención non vai modificar a volumetría do edificio orixinal”. Despois disto a empresa propietaria da maioría do edificio poderá empezar cando o desexe as obras de rehabilitación deste edificio histórico de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...