O alcalde de Ribadeo chama á veciñanza a participar nos días grandes das festas patroais

O rexedor recoñece o traballo realizado pola comisión e destaca o apoio loxístico e económico do Concello cos festexos.

Fernando Suárez Barcia. FARO NORTE

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, anima a gozar dos días grandes das festas patronais. O rexedor recoñece o traballo realizado pola comisión e destaca o apoio loxístico e económico do Concello cos festexos. Para esta noite está previsto un espectáculo de luz e son e os fogos artificiais no Campo de San Francisco e mañá será o día da patroa. 

Suárez Barcia sinalou que “desde o Concello axudamos técnica e economicamente, con 27.000 euros de fondos públicos, e tamén con todo aquilo que puideron precisar”. O rexedor ribadense valorou o resto de institucións públicas e privadas que achegaron a súa participación. Tamén tivo en conta aquelas persoas que a título individual participaron no traballo colectivo das festas patroais.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here