InicioOrientalRibadeoO Día do Produto Local de Ribadeo achegará produtos de proximidade no...

O Día do Produto Local de Ribadeo achegará produtos de proximidade no Mercado dos Domingos

Coa celebración do Día do Produto Local quérese resaltar a gran importancia de comprar e consumir produtos de proximidade.

Publicada o

- Advertisement -

O Día do Produto Local de Ribadeo celebrarase este domingo 11 de setembro dentro do Mercado dos Domingos. O obxectivo é “poñer en valor a compra e consumo dos produtos de proximidade”. O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que ademais da venda directa de produtos locais haberá tamén actividades para todos os públicos.

Entre os eventos programados haberá unha exposición da man do CEFEA Pedro Murias sobre as variedades de tomates, pementos e cabazas cultivadas cos que se preparará unha degustación. Outra actividade será aprender máis sobre cultivos e coidados que ser fará nun mini-horto. A música tamén estará presente no Día do Produto Local “para animar a xornada con ritmo de country e folk norteamericano da man de Hoot´n Holler”.

Vizoso Galdo subliña que coa celebración do Día do Produto Local “quérese resaltar a gran importancia de comprar e consumir produtos de proximidade, que ademais de aportarnos unha alimentación saudable é unha maneira de contribuír a incrementar a sostibilidade e o desenvolvemento da nosa contorna”.

 

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...