InicioOrientalRibadeoRibadeo lanza un abono teatro con descontos para as obras que ten...

Ribadeo lanza un abono teatro con descontos para as obras que ten programado no último trimestre de 2022

Haberá un abono con descontos que só se poderá mercar online para entradas soltas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo programa cinco obras de teatro para o último trimestre do ano, que achegarán actrices e actores da talla de María Castro ou Carlos Hipólito, entre outros. Hai un abono en venda online, que suporá un aforro do 15% no prezo das entradas soltas.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “no Concello de Ribadeo temos preparada unha interesante programación teatral con cinco obras seleccionadas do Programa Platea do INAEM, que achegarán á nosa vila a actrices e actores da talla de María Castro, Carlos Hipólito, Pepa Rus e Sol Picó, entre outros”.

A edil ribadense subliñou que “o que imos facer para animar á xente de Ribadeo é sacar un abono que só se vai vender online na web www.gameoverproductions.es e será ata as doce da noite do vindeiro 28 de setembro. O prezo do abono será de 67 euros (ive incluído)”.

Otero Cabarcos contou que “as representacións terán lugar os días 1, 15 e 29 de outubro, 12 de novembro e 10 de decembro. Serán no auditorio municipal Hernán Naval ás oito da tarde”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...