Ribadeo reactiva “As Parroquias en Marcha” para achegar diversos programas e actividades

O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “toda a programación deseñada está dirixidas aos veciños e veciñas que queiran participar e sexan maiores de idade e a todas aquelas persoas que queiran compartir un tempo de lecer”.

Concello de Ribadeo. AXM

O programa “As parroquias en marcha” que organiza o Concello de Ribadeo desenvolverase de novo entre o 15 de setembro ao 15 de decembro. Para participar é preciso inscribirse chamando á Casa da Xuventude ao teléfono 982 129 889. A veciñanza das parroquias de Ribadeo poderá asistir a actividades de memoria, obradoiros de novas tecnoloxías, cociña, xogos de mesa, tertulias, excursións e teatro.

O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “toda a programación deseñada está dirixidas aos veciños e veciñas que queiran participar e sexan maiores de idade e a todas aquelas persoas que queiran compartir un tempo de lecer”.

Suárez Barcia explicou que “as actividades vanse facer nas diferentes parroquias do noso concello, tanto do interior como da costa e son totalmente gratuítas”. “As parroquias en marcha” chegará os luns a Vilela e Remourelle, os martes a Cinxe e Vilaselán, os mércores a Rinlo e Ribadeo, os xoves ás Anzas e os venres a Vilaframil, Covelas e Santalla.

O alcalde anima “a asistir a estas actividades que o que perseguen é facilitar as relacións entre os nosos veciños e veciñas, poder participar daquilo que máis lles gusta, ademais de poñer en valor os nosos locais das parroquias para facelos activos”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here