Detido o presunto autor da agresión sexual a unha menor nas festas de Ribadeo

O mozo, de 18 anos, foi localizado en Avilés.

Vehículo da Garda Civil. AXM

Axentes da Garda Civil detiveron este mércores un mozo de 18 anos de idade, veciño de Ribadeo, como presunto autor dun delito de agresión sexual cara a unha menor, nas festas patronais do municipio.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, os feitos ocorreron durante os festexos celebrados en Ribadeo a pasada semana. Tras a denuncia, abríronse as pescudas e púidose identificar o suposto autor da agresión. O mozo foi localizado e detido ás 10,30 horas deste mércores no municipio asturiano de Avilés, e está previsto que pase nas próximas horas a disposición dos xulgados de Mondoñedo.

Dáse a circunstancia de que o pasado luns foi detido outro home, un veciño de Burela, como presunto autor doutra agresión sexual a unha menor. Nese caso, os feitos ocorreron durante a Queimada Popular de Cervo e o xulgado de instrución 1 de Viveiro decretou o ingreso en prisión provisional do home, como suposto autor dun delito de abuso sexual con acceso carnal a menor de 16 anos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here