InicioOrientalRibadeoA Deputación de Lugo colabora para impulsar a I Comida de produtos...

A Deputación de Lugo colabora para impulsar a I Comida de produtos da horta e gandería en Ribadeo

A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro García, asegurou que a Deputación ten como un dos eixos de traballo impulsar e darlle visibilidade aos produtos quilómetro 0.

Publicada o

- Advertisement -

A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro García, participou este venres no acto de presentación da I Comida de produtos da horta e gandería do rural de Ribadeo, que organiza esta fin de semana a asociación veciñal San Vicente de Cubelas, en Ribadeo, e coa que colabora a institución provincial sufragando os gastos dun dos concertos que completan o programa.

A presentación desenvolveuse no pavillón de deportes da parroquia, onde este sábado centos de persoas se renderán ao menú que o colectivo veciñal propón con produtos de proximidade. Loureiro subliñou que a comarca da Mariña “é especialmente rica en produtos da terra e do mar que enriquecen os nosos pratos e, que, moitas veces non os valoramos como deberamos, e nese sentido felicito á asociación de veciños por impulsar esta iniciativa no marco das súas Festas das Dores, que seguro que vai ser un éxito”.

Así mesmo, asegurou que a Deputación ten como un dos eixos de traballo impulsar e darlle visibilidade aos produtos quilómetro 0. Proba diso é o programa Saborea a túa provincia co que a institución provincial percorreu durante os dous últimos veráns distintos municipios lucenses para amosar as potencialidades dos produtos de proximidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...