InicioOrientalRibadeoObradoiro de risoterapia, unha nova actividade para mulleres organizada polo Concello de...

Obradoiro de risoterapia, unha nova actividade para mulleres organizada polo Concello de Ribadeo

Os obradoiros desenvolveranse en Rinlo e en Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

A concellaría de Igualdade de Ribadeo organiza un obradoiro de risoterapia que se impartirá en Ribadeo e Rinlo.

A edil de Igualdade, Mónica Freire, explica que “continuamos organizando actividades que ofrezan ferramentas ás mulleres para fortalecerse. O obxectivo é brindar ás participantes un espazo onde aprender a utilizar os beneficios da risa reducindo a ansiedade e aumentando a súa enerxía para afrontar as situacións cotiás. O coidado do entusiasmo é un factor crave do empoderamento e queremos fomentalo”.

A concelleira ribadense sinala que “nos parece fundamental continuar creando espazos de sororidade para tecer redes de apoio que empuxen a eses cambios que a nosa sociedade necesita”.

Mónica Freire engade que “o obradoiro de risoterapia está dirixido a mulleres a partir de 16 anos e será impartido polo psicólogo Sergio Trillo, con experiencia nos ámbitos de servizos sociais, a educación e rehabilitación de dano cerebral e saúde mental”.

O obradoiro desenvolverase os martes en horario de tarde e as persoas interesadas poden inscribirse nas oficinas do CIM ou ben chamando ao 982 120739. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.

O prazo para anotarse finaliza o 26 de setembro. As clases son gratuítas e serán os días 27 de setembro, 4 e 11 de outubro na Escola Vella de Rinlo en horario de 17.00 a 18:00 horas. En Ribadeo serán impartidas na Casa do Viejo Pancho os mesmos días en horario de 18:30 a 19:30 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...