InicioOrientalRibadeoO goberno local de Ribadeo outorga licenza para poñer en marcha varias...

O goberno local de Ribadeo outorga licenza para poñer en marcha varias iniciativas empresariais

Fernando Suárez engadiu que “Ribadeo conta cun Plan Xeral de Ordenación Municipal e cun específico para o casco vello que contribúen cada día a dar seguridade xurídica e ofrecer posibilidades para instalarse en Ribadeo, producir en Ribadeo ou vivir en Ribadeo, que é do que se trata”.

Publicada o

- Advertisement -

A última xunta de goberno local concedeu licenza para a posta en marcha dunha explotación de kiwis na parroquia de Ove, que ocupará unha superficie de 20 hectáreas. E tamén foi autorizado o acondicionamento dunha edificación en Vilaframil para crear un centro social a través de 2 vivendas comunitaria para 18 persoas. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou a seguridade xurídica que o PXOM ofrece a quen quere instalarse en Ribadeo, producir en Ribadeo ou vivir en Ribadeo.

O rexedor comentou: “ Nesta xunta de goberno que celebramos onte, demos as correspondentes autorizacións municipais para unha serie de actuacións moi importantes para o noso concello”.

Suárez Barcia explicou que “demos as licencias para unha explotación de kiwis na parroquia de Ove”. O alcalde ribadense asegura que esta iniciativa poñerá en valor o sector primario para diversificar a economía local.

O alcalde contou que “tamén demos autorización para unha clínica de podoloxía e un negocio de reparación de calzado. E tamén a xunta de goberno local autorizou o acondicionamento dunha edificación para a creación dun centro social a través de dúas vivendas comunitarias para un total de 18 prazas”.

Fernando Suárez engadiu que “Ribadeo conta cun Plan Xeral de Ordenación Municipal e cun específico para o casco vello que contribúen cada día a dar seguridade xurídica e ofrecer posibilidades para instalarse en Ribadeo, producir en Ribadeo ou vivir en Ribadeo, que é do que se trata”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...