InicioOrientalRibadeoA alimentación sustentable celebrará o seu festival en Ribadeo entre o 23...

A alimentación sustentable celebrará o seu festival en Ribadeo entre o 23 e o 24 de setembro

Adrián Gallero, coordinador da rede Eo Alimenta, contou que “este festival vai ser un pouco bisagra entre a parte deste proxecto que levamos feito neste último ano e pico e o que ven agora. Nos vindeiros meses seguiremos profundando na materialización desa estratexia alimentaria para o territorio”.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo será escenario os días 23 e 24 de setembro do FestivalEo da Alimentación Sustentable, que organiza Eo Alimenta. O evento foi presentado este mediodía.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, sinalou que “en Ribadeo no parque de San Francisco o venres 23 e o sábado 24 de setembro celebraremos a primeira edición do FestivalEo da Alimentación Sustentable para dar a coñecer proxectos de realidades asociativas e empresariais relacionadas coa produción, coa distribución e co consumo de alimentos”.

O edil ribadense dixo: “aproveito para agradecer a axuda e o financiamento tanto da Deputación de Lugo, a través da Área de Medio Rural, como do colectivo Eo Alimenta polo traballo feito durante todo este tempo”.

Adrián Gallero, coordinador da rede Eo Alimenta, contou que “este festival vai ser un pouco bisagra entre a parte deste proxecto que levamos feito neste último ano e pico e o que ven agora. Nos vindeiros meses seguiremos profundando na materialización desa estratexia alimentaria para o territorio”.

Gallero Moreiras engadiu que “convidamos a todo o mundo a que veñan a comer, a bailar, a aprender e a disfrutar a Ribadeo con todas as persoas e os proxectos que xa levan moito tempo traballando a prol dun sistema alimentario sustentable, san para as persoas e digno para as produtoras”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...