InicioOrientalRibadeoRibadeo renovará o programa de prevención contra as drogas por tres anos...

Ribadeo renovará o programa de prevención contra as drogas por tres anos máis

Faino xunto a Trabada, Barreiros e A Pontenova. Os catro Concellos veñen de solicitar unha subvención de máis de 68.000 euros para este fin.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo renovará o seu Programa de Prevención de Drogodependencias e Outras Condutas Aditas por un período de tres anos. Faino xunto a Trabada, Barreiros e A Pontenova, segundo deu a coñecer hoxe a concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire Rancaño. Os catro Concellos veñen de solicitar unha subvención de máis de 68.000 euros para este fin.

A edil ribadense lembrou que “este Programa de Prevención pertence aos Servizos Sociais do Concello e leva activo dende o ano 1996. O que nos permite é a realización de programas de prevención escolar en todos os IES e CEIPS dos 4 concellos, programas familiares e programas de información e sensibilización”.

A concelleira de Servizos Sociais subliñou que “na prevención escolar, desenvólvense obradoiros para previr o uso-abuso de drogas, pero tamén de adiccións sen substancia como as dos videoxogos, internet ou as apostas on-line”.

En cursos superiores abórdase a problemática das drogas máis directamente, con especial fincapé no alcohol e no cannabis e o que o centro considere necesario. Tamén se fan previos cuestionarios anónimos ao alumnado para saber que drogas ou adiccións están a usar e cal é a percepción do risco que ven no uso ou consumo.

Mónica Freire contou que “no caso da prevención familiar as últimas 3 charlas-coloquio celebradas trataron sobre o acoso escolar, o fenómeno do botellón e o consumo de cannabis”.  A edil engadiu que “desde este programa tamén se informa a quen o precise sobre estes temas, ben sexa de maneira presencial no Auditorio Municipal ou a través do teléfono 982 120 808) ao igual que a través das nosas redes en Facebook e Instagram (AdicciónsZeroRibadeo), que están sempre activas”.

Mónica Freire indicou que “o importe da subvención solicitada á Consellería de Sanidade ascende a 68.598,60 euros para os vindeiros 3 anos. O resto do programa está cofinanciado polo Concello de Ribadeo e axudan cunha achega económica os Concellos de Trabada, A Pontenova e Barreiros. O custe total é de 200.982,20 euros”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...