Ribadeo inicia traballos de retirada e control de especies invasoras na zona das Aceas

O alcalde, Fernando Suárez, referiuse ao compromiso co medio natural e subliñou que “isto é algo que debemos conservar, mellorar e coidar para nós e para as xeracións que veñan detrás”.


O Concello levará a cabo traballos de retirada e control de especies exóticas invasoras na zona das Aceas, na ribeira da Ría de Ribadeo. Será durante o que queda deste ano e no primeiro trimestre do 2023. O alcalde, Fernando Suárez, referiuse ao compromiso co medio natural e subliñou que “isto é algo que debemos conservar, mellorar e coidar para nós e para as xeracións que veñan detrás”.

O rexedor explicou que “nestes días estamos iniciando unha acción continuadora e de mellora disto que levamos anos facendo nesta ribeira da Ría de Ribadeo, na parroquia de Ove, singularmente entre A Vilavella e o inicio do tren mineiro, unha zona coñecida como As Aceas. Estamos facendo unha retirada e control de especies exóticas invasoras”.

Suárez Barcia dixo que “as partes principais desta actuación xa foron feitas hai varios anos, pero agora nestas 9 hectáreas aproximadamente o 9 por cento desta superficie aínda ten especies vexetais arbustivas e plantas invasoras que é necesario seguir eliminando”.

O alcalde ribadense indicou que “polo tanto aproveitamos unha pequena axuda que nos deu a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, para ir implementando estas melloras que se veñen sumar a outras que, a través do Estado e da Xunta, nestes últimos anos viñemos facendo desde o Concello de Ribadeo”.

E engadiu: “adxudicamos esta obra á empresa Foresga, que a vai facer en dúas anualidades: unha parte agora, no que queda de ano, e a outra parte restante no primeiro trimestre do ano 2023”.

Fernando Suárez subliñou que “facemos todo isto polo compromiso que temos desde o Concello co medio natural e coa Ría de Ribadeo. Isto é algo que debemos conservar, mellorar e coidar para nós e para as xeracións que veñan detrás nosa”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here