InicioOrientalRibadeoRibadeo inicia as obras para acondicionar a área recreativa da Vilavella que...

Ribadeo inicia as obras para acondicionar a área recreativa da Vilavella que durarán un mes

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, sinala que “o que pretendemos é que serva de zona de descanso ou de paso cara a ruta do Muíño das Aceas dentro do Camiño Natural do Cantábrico que percorre toda a nosa costa”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo comezou as obras de acondicionamento e mellora da área recreativa da Vilavella, onde se recuperará e ampliará o espazo verde, que agora ocupa a antiga estrada que daba acceso ao núcleo urbano. Alí vaise crear unha zona de lecer e de descanso, que contará cun miradoiro, con bancos, mesas, aparcabicis e paneis informativos, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Fernando Suárez. Os traballos, que se prolongarán durante 1 mes, suporán un investimento de 40.000 euros.

O rexedor contou que “imos executar un proxecto de acondicionamento dunha área recreativa nunha zona que, a pesares do seu moito uso para os deportes de remo e piragüismo, estaba nunha situación que non era axeitada para ser un dos principais accesos á vila de Ribadeo”.

Suárez Barcia explicou que “o que pretendemos é que serva de zona de descanso ou de paso cara a ruta do Muíño das Aceas dentro do Camiño Natural do Cantábrico que percorre toda a nosa costa”.

Fernando Suárez subliñou que “entre as actuacións contempladas está o axardinamento deste espazo, a instalación de iluminación LED, o acondicionamento dunha zona de aparcamento, crearemos tamén un miradoiro cunha varanda de seguridade e tamén instalaremos mobiliario como bancos, mesas e aparcabicis e paneis informativos”.

O rexedor engadiu que “a empresa adxudicataria da obra é Gestión Gratelu e o prazo de execución é dun mes. Desde o goberno municipal queremos sumar esta actuación a outras que están mellorando moito o noso concello desde o punto de vista medioambiental e recreativo”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...