InicioOrientalRibadeoEn marcha o programa Ribadeo + Economía circular para a mellora da...

En marcha o programa Ribadeo + Economía circular para a mellora da competitividade dos negocios turísticos

O concelleiro Pablo Vizoso explicou que este programa constará de tres fases para explicar diferentes aspectos sobre o desenvolvemento do sector turístico.

Publicada o

- Advertisement -

A Área de Desenvolvemento Local de Ribadeo presenta outro dos enfoques do Ribadeo Suma e que leva por nome, Ribadeo + Economía Circular, que é un programa de difusión, formación, asesoramento, acompañamento de cara a promover e facilitar a transición circular como fonte de vantaxe competitiva para negocios do sector turístico.

O PROGRAMA TERÁ TRES FASES

O concelleiro Pablo Vizoso explica que “a primeira fase de difusión do programa no que teremos un charla cun negocio que xa está a pór en práctica medidas circulares como é o proxecto Cabañitas del Bosque. Neste encontro aproveitaremos para explicar o programa e as persoas profesionais e especializadas que levarán a cabo o proceso”.

O encontro será o vindeiro 5 de outubro ás 17:30 horas na Casa do Concello e está aberto a todas a persoas interesadas en participar. Para máis información e inscricións hai que dirixirse ao correo adl@ribadeo.org ou ao teléfono do Concello de Ribadeo.

O edil de Desenvolvemento Local sinala que “a segunda fase será a posta en marcha cun programa de Formación máis mentorización, que se desenvolverá nos meses de outubro e  novembro e estará dirixido á hostalaría e restauración de Ribadeo”.

Vizoso Galdo engade que “a terceira fase será un Taller de Ideación colaborativo. As razóns que xustifican a posta en marcha susténtanse en que o futuro do sector turístico pasa por ser circular ou non será e hai que ter en conta ademais que todas as políticas públicas camiñan cara ese sentido”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...