InicioOrientalRibadeoRibadeo terá novo concelleiro a partir do 3 de outubro en substitución...

Ribadeo terá novo concelleiro a partir do 3 de outubro en substitución de Mariluz Álvarez

O alcalde Fernando Suárez explicou que “un dos puntos que abordaremos nesa sesión plenaria é a solicitude para que o noso Concello siga a ser un referente en materia de rehabilitación de vivenda e polo tanto solicitar a adhesión a un novo programa financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU".

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro David Rivas tomará posesión do seu cargo, en substitución de Mariluz Álvarez Lastra o 3 de outubre. Na sesión abordarase a adhesión a dous programas europeos, un destinado á rehabilitación de vivendas en Rinlo e Ribadeo e outro á restauración dos hábitats costeiros de flora autóctona na Devesa, en Rinlo e en Vilaframil, segundo deu a coñecer o alcalde, Fernando Suárez.

O rexedor contou que “neste pleno ordinario, que celebraremos o vindeiro luns, son varios os asuntos de interese que se tratarán. O primeiro deles é a toma de posesión do concelleiro electo polo BNG David Rivas Peña, que vai substituír á compañeira Mari Luz Álvarez Lastra, que renunciou á acta na anterior sesión da Corporación”.

Fernando Suárez explicou que “un dos puntos que abordaremos nesa sesión plenaria é a solicitude para que o noso Concello siga a ser un referente en materia de rehabilitación de vivenda e polo tanto solicitar a adhesión a un novo programa financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para a anualidade 2022 destinado as áreas de Rinlo e Ribadeo, coordinadas coa Xunta de Galicia e co Estado”.

O alcalde dixo que “outro dos puntos é o convenio de colaboración co veciño Concello de Trabada no tocante ao subministro de auga a varias parroquias dese concello a través da acometida municipal de Ribadeo, que toma a auga precisamente desde o río Eo, no lugar de Vilarbetote”.

Suárez Barcia seguiu a relatar que “outro dos puntos é a nova solicitude dun novo proxecto europeo, que coñecemos como Life Global para substituír os eucaliptos por frondosas desde As Aceas ata practicamente o inicio da traza do tren mineiro de Ribadeo a Vilaoudriz”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...