InicioOrientalRibadeoA concelleira de Ribadeo, Mónica Freire, cualifica de "extraterrestres" aos concelleiros do...

A concelleira de Ribadeo, Mónica Freire, cualifica de “extraterrestres” aos concelleiros do PP local

A concelleira de Obras, Mónica Freire, acláralle ao grupo municipal popular que os traballos no barrio da Pega deron comezo hai dous meses e as da estrada do Faro hai oito.

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Obras, Mónica Freire, acláralle ao grupo municipal popular que os traballos no barrio da Pega deron comezo hai dous meses e as da estrada do Faro hai oito. E considera que como concelleiros da oposición deberían ser coñecedores destes proxectos e do seu desenvolvemento.

A edil nacionalista dixo: “desde o goberno de Ribadeo comezamos a barallar a hipótese de que os concelleiros do PP son extraterrestres que, desde logo, non viven no noso concello. Porque estamos atónitos ante estas declaracións do Partido Popular, onde esixen o comezo das obras da Pega e da estrada do Faro, porque estes traballos están iniciados xa desde fai meses”.

A concelleira de Obras considera que “como concelleiros da oposición, deberían ser coñecedores destes proxectos e do seu desenvolvemento, xa que toda a documentación está á súa disposición desde fai meses. A conclusión que sacamos ao ler agora estas palabras de todo desacertadas, é que ou ben non teñen moitas gañas de traballar para saber do que falan e comprobar nas rúas as obras en marcha, ou ben coñecendo os proxectos aproveitan unha vez mais para mentir á veciñanza”.

Mónica Freire engadiu que “se o nivel de oposición do grupo popular é facer o ridículo desde xeito, o que lles aconsello é que pregunten antes de falar”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...