InicioOrientalRibadeoRibadeo anuncia todas as propostas da súa axenda cultural para o outono

Ribadeo anuncia todas as propostas da súa axenda cultural para o outono

Pilar Otero, concelleira de Cultura, ixo: “queremos comezar esta presentación da axenda trimestral coas artes plásticas, indicando que temos dúas mostras, unha do pintor Félix Bravo, na sala de exposicións do Campo e a outra de pirogravados, na sala de Turismo, do noso veciño Antonio Martínez”.

Publicada o

- Advertisement -

A programación cultural para o outono en Ribadeo comeza esta fin de semana con exposicións, teatro, música ou Cultura nas Parroquias son algunhas das propostas da axenda do Concello de Ribadeo para o último trimestre do ano, que foi presentada por Pilar Otero, concelleira de Cultura.

A edil ribadense dixo: “queremos comezar esta presentación da axenda trimestral coas artes plásticas, indicando que temos dúas mostras, unha do pintor Félix Bravo, na sala de exposicións do Campo e a outra de pirogravados, na sala de Turismo, do noso veciño Antonio Martínez”.***

Pilar Otero explicou que “este sábado comeza unha nova edición do programa Platea, en colaboración do Concello co Ministerio de Cultura. Trátase dun total de cinco espectáculos, repartidos ao longo do trimestre, e contamos que gocen coma en anos anteriores do favor do público”.

A concelleira de Cultura seguiu a relatar que “tamén ao abeiro do Xacobeo solicitamos unha obra para bebés, dúas sesións da función Zapatos, de Caramuxo Teatro, que se van facer na sala Apego da Casa do Viejo Pancho e para as que vai ser preciso anotarse”.

Otero Cabarcos sinalou que “sempre falamos da importancia das asociacións. Xa nomeamos a encargada da Cabalgata dos Reis Magos, e nestes meses outras asociacións ofrécennos eventos nos que participar. A Tribo da Travesía en Rinlo promove un obradoiro de bailes de diferentes culturas”.

A concelleira de Cultura subliñou que “a programación cultural como ven sendo habitual esténdese ás aldeas. O ciclo Cultura nas Parroquias leva desta volta propostas a Piñeira, onde a Coral Polifónica de Ribadeo ofrece un concerto este domingo; a Cedofeita, coa actuación do grupo de teatro Axóuxeres de Foz; e continúan todos os luns as sesións de música e teatro con Argadelo, en Vilaselán e As Anzas. Outras parroquias terán propostas tamén moi interesantes despois de xaneiro”.

Pilar Otero engadiu: “xa nomeamos unha peza de teatro afeccionado. Imos ter catro propostas máis, unha delas collida ao abeiro do ciclo de teatro afeccionado da Vicepresidencia Primeira da Deputación e que vén da man do Grupo de Teatro da Biblioteca de Antas de Ulla. E as outras tres forman a programación da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que chega este ano á súa XIX edición. A través tamén do programa Xacobeo ofrecemos a función teatral para público adulto que reúne catro nomes de muller de prestixio no teatro galego. As alumnas está protagonizada por Mónica Caamaño e Anabel Gago, nun texto de Paula Carballeira e baixo a dirección de Fina Calleja”.

Otero Cabarcos indicou que “sempre procuramos no noso deseño cultural que a danza teña o seu oco. Desta vez, a compañía Kirenia Danza ofrécenos a obra Instante gradual. Planeámola para exterior, un domingo á hora do vermú. Esperemos que o tempo acompañe. E rematamos o ano coa actuación dunha magnífica formación canaria, Lajalada”.

A concelleira de Cultura agarda que a programación sexa do gusto da veciñanza: “como sempre pretendemos que a nosa programación sexa unha opción de lecer que ofrece diversión e calidade ao mesmo tempo. Agardamos que a disfrutedes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...