Un veciño de Oviedo de 28 anos foi detido como presunto autor do roubo dunha bicicleta que subtraeu do interior dun portal dun edificio de Ribadeo.
Diso informou este martes a Garda Civil, que logrou recuperar a bicicleta, valorada en 600 euros, dun establecemento de empeños de Lugo.
O presunto autor do roubo foi identificado e procedeuse ao seu arresto. Impútaselle un delito de furto.
SIMULACIÓN DO DELITO
Por outra banda, outro veciño de Asturias, neste caso residente en Castropol e de 43 anos de idade, permenece investigado como presunto autor dun delito de simulación de delito por denunciar que o seu coche sufrira un ataque vandálico en Mondoñedo que, segundo os investigadores, non chegou a producirse.
A versión facilitada polo Insituto Armado sostén que o investigado traballa en Mondoñedo pero nas datas nas que se produciron os supostos danos non se desprazou nese vehículo ata a localidade luguesa.
Así, a Garda Civil considera que os danos que presenta o coche encaixan cos que poderían producirse en “un uso cotián” e “non se corresponden cos denunciados”, co que extraen que o investigado querería sufragar o desembolos dunha reparación integral á conta das compañías aseguradoras.
DOUS DELITOS DE FURTO
Ademais, a Garda Civil tamén investiga a dúas mulleres de 64 e 65 anos, respectivamente, por dous furtos cometidos nunha sucursal bancaria e un supermercado de Burela.
As supostas autoras destes feitos son veciñas de Lugo e Santander e impútanselles senllos delitos de furto.