InicioSucesosDetido un veciño de Oviedo como presunto autor dun roubo no interior...

Detido un veciño de Oviedo como presunto autor dun roubo no interior dun portal en Ribadeo

Ademais, a Garda Civil tamén investiga a dúas mulleres de 64 e 65 anos, respectivamente, por dous furtos cometidos nunha sucursal bancaria e un supermercado de Burela (Lugo).

Publicada o

- Advertisement -

Un veciño de Oviedo de 28 anos foi detido como presunto autor do roubo dunha bicicleta que subtraeu do interior dun portal dun edificio de Ribadeo.

Diso informou este martes a Garda Civil, que logrou recuperar a bicicleta, valorada en 600 euros, dun establecemento de empeños de Lugo.

O presunto autor do roubo foi identificado e procedeuse ao seu arresto. Impútaselle un delito de furto.

SIMULACIÓN DO DELITO

Por outra banda, outro veciño de Asturias, neste caso residente en Castropol e de 43 anos de idade, permenece investigado como presunto autor dun delito de simulación de delito por denunciar que o seu coche sufrira un ataque vandálico en Mondoñedo que, segundo os investigadores, non chegou a producirse.

A versión facilitada polo Insituto Armado sostén que o investigado traballa en Mondoñedo pero nas datas nas que se produciron os supostos danos non se desprazou nese vehículo ata a localidade luguesa.

Así, a Garda Civil considera que os danos que presenta o coche encaixan cos que poderían producirse en “un uso cotián” e “non se corresponden cos denunciados”, co que extraen que o investigado querería sufragar o desembolos dunha reparación integral á conta das compañías aseguradoras.

DOUS DELITOS DE FURTO

Ademais, a Garda Civil tamén investiga a dúas mulleres de 64 e 65 anos, respectivamente, por dous furtos cometidos nunha sucursal bancaria e un supermercado de Burela.

As supostas autoras destes feitos son veciñas de Lugo e Santander e impútanselles senllos delitos de furto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...