InicioOrientalRibadeoRibadeo acomete obras de pintura no alumado do paseo marítimo

Ribadeo acomete obras de pintura no alumado do paseo marítimo

A concelleira Mónica Freire dixo que “tíñamos desde logo unha asignatura pendente con este lugar xa que desde hai moitos anos as súas farolas non recibían ningún tratamento para a súa conservación".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello realiza traballos de pintado nas farolas do paseo marítimo Alfonso Rodríguez Castelao. Ata alí se desprazaron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Obras e Turismo, Mónica Freire e Pablo Vizoso.

A edil explicou que “desde o Concello de Ribadeo estamos nestes días realizando traballos de pintado das farolas do paseo marítimo Alfonso Rodríguez Castelao da nosa vila, un espazo importante tanto pola súa situación como tamén porque é moi concorrido pola veciñanza e polos visitantes que se achegan ao noso concello”.

Mónica Freire dixo que “tíñamos desde logo unha asignatura pendente con este lugar xa que desde hai moitos anos as súas farolas non recibían ningún tratamento para a súa conservación, farolas que ademais pola súa exposición á dinámica mariña atopábanse nunha situación de conservación bastante deficiente”.

A concelleira de Obras indicou que “polo tanto é agora cando plantexamos estas actuacións para renovalas, pero tamén para buscar a súa conservación, aproveitando estes días de bo tempo para realizar estes traballos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...