InicioOrientalRibadeoAPAGA realizará un curso sobre a diagnose con osciloscopio nas súas instalacións...

APAGA realizará un curso sobre a diagnose con osciloscopio nas súas instalacións en Ribadeo

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explica que “é un curso que nós deseñamos o ano pasado, a petición de técnicos de empresas".

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia retoma a súa actividade formativa en Ribadeo este sábado, 15 de outubro. Será cun curso sobre a diagnose con osciloscopio.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explica que “é un curso que nós deseñamos o ano pasado, a petición de técnicos de empresas. Está dedicado á utilización do osciloscopio como elemento de diagnose nos vehículos; é eminentemente práctico, con 8 horas de duración. Empezará ás dez da mañá e acabará ás oito da tarde e hai 10 prazas”.

Doural subliña que “con isto empezamos as actividades, que continuarán a finais de mes, concretamente o día 29, cando teremos outro curso, neste caso sobre pneumáticos, que tamén é práctico, de 8 horas de duración e temos un número reducido de prazas”.

Desde a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia o seu presidente, Álvaro Doural, engade que “o curso de osciloscopio vaino impartir un profesor do Centro Integrado de Formación Profesional Ferrolterra, Jesús Sánchez de Toca Treviño, que xa nos deu outros cursos. E o de pneumáticos vai impartilo o xerente de Talleres Martín, de Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...