InicioOrientalRibadeoXornada sobre sensibilización da saúde mental no Obradoiro Vilas Coidadoras en Ribadeo

Xornada sobre sensibilización da saúde mental no Obradoiro Vilas Coidadoras en Ribadeo

O concelleiro de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, asegurou que “este tipo de actividades teñen unha grande importancia para exteriorizar os pensamentos e sentimentos das persoas participantes, algo fundamental para a detección e a prevención das enfermidades mentais”.

Publicada o

- Advertisement -

O Obradoiro de Emprego Vilas Coidadoras en Ribadeo celebrou o Día da Saúde Mental, o pasado luns 10 de outubro. Este acto foi impulsado polos Concellos de Ribadeo e Barreiros, levouse a cabo un programa de actividades de sensibilización sobre este tema baixo o lema Conecta coa vida.

Na xornada participaron persoas usuarias do Centro de Atención a Persoas Maiores (nova residencia) de Ribadeo conxuntamente co alumnado de 2º de Educación Primaria do CEIP Gregorio Sanz. En primeiro lugar houbo un obradoiro de manualidades no que se fabricaron diferentes figuras (paxaros, flores…) nas que escribiron actividades ou momentos que lles conectan coa vida e lles fan sentirse mellor. Unha vez rematado o obradoiro, realizaron entre todos un mural no que se integraron todas as mensaxes recollidas, algo que lle deu unha gran visibilidade ao proxecto.

O concelleiro de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, asegurou que “este tipo de actividades teñen unha grande importancia para exteriorizar os pensamentos e sentimentos das persoas participantes, algo fundamental para a detección e a prevención das enfermidades mentais”.

Segundo o edil ribadense “a cooperación interxeracional fixo desta unha experiencia moi enriquecedora para todos e todas e conseguiu sensibilizar tanto a nenxs como a maiores na normalización da saúde mental, un ámbito no que moitas veces nos atopamos con tabús que poden afectar á detección e tratamento destas enfermidades”.

Dende o Obradoiro Vilas Coidadoras, que comezou en setembro e no que se formarán 20 persoas dos Concellos de Ribadeo e Barreiros ao longo de 12 meses nas especialidades de atención sociosanitaria e animación sociocultural, traballarán moi de preto, tanto coa nova residencia de Ribadeo como co Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...