InicioOrientalRibadeoVolven as aulas de coro no CAM de Ribadeo xunto ás outras...

Volven as aulas de coro no CAM de Ribadeo xunto ás outras actividades que se imparte nas instalacións

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, explicou que “as clases de coro súmanse a outras actividades preparadas para as e os residentes do CAM".

Publicada o

- Advertisement -

No Centro de Atención a Persoas Maiores deron comezo un ano máis as clases de coro, que se suman ao resto de actividades das que poden gozar as usuarias e usuarios da instalación. As clases son impartidas por unha profesora da Escola Municipal de Música de Ribadeo.

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, explicou que “as clases de coro súmanse a outras actividades preparadas para as e os residentes do CAM. Hai pouco que se iniciou a musicoterapia e agora retomamos o coro. O que queremos é que os nosos maiores estean entretidos e activos”.

E engadiu que “as actividades que se desenvolven no CAM están pensadas tanto para as persoas dependentes como para as que son autónomas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...