InicioOrientalRibadeoRibadeo iluminará a Casa Consistorial de cor rosa e azul polo Día...

Ribadeo iluminará a Casa Consistorial de cor rosa e azul polo Día Mundial de Sensibilización da Morte Xestacional

A concelleira de Igualdade, Monica Freire, explica que “é moi habitual que estes duelos sexan invisibilizados pola sociedade, pero para as familias que sofren unha perda tan importante, é unha experiencia moi dolorosa".

Publicada o

- Advertisement -

Con motivo do Día Mundial de Sensibilización da Morte Xestacional, Perinatal e Neonatal, a fachada principal da Casa Consistorial de Ribadeo iluminarase de cor rosa e azul o vindeiro sábado, 15 de outubro, para conmemorar este día tan importante para as familias que perderon unha filla ou fillo durante o embarazo, ao nacemento ou pouco despois da vida extrauterina.

A concelleira de Igualdade, Monica Freire, explica que “é moi habitual que estes duelos sexan invisibilizados pola sociedade, pero para as familias que sofren unha perda tan importante, é unha experiencia moi dolorosa. Con este xesto queremos concienciar sobre a morte e o duelo xestacional, perinatal e neonatal, contribuíndo a reducir o tabú social que, moitas veces, provoca que as familias non reciban o apoio adecuado e vivan o duelo en silencio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...