InicioOrientalRibadeoO BNG de Ribadeo reclama á Xunta a vacinación de persoas maiores...

O BNG de Ribadeo reclama á Xunta a vacinación de persoas maiores nos seus centros de saúde

Os nacionalistas de Ribadeo ven que o Partido Popular, "no canto de optar por unha campaña de vacinación achegada aos diferentes centros de saúde que facilite a mesma, prefiren desprazar a xente de xeito masivo cara ao Hospital Comarcal de Burela".

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Ribadeo esixe nun comunicado que a Consellaría de Sanidade e por extensión ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que os maiores poidan vacinarse da gripe e da Covid nos seus respectivos centros de saúde. “Deste xeito poderían aforrar un gran número de molestias tanto elas como as persoas que os teñen que acompañar”.

Ademais, engaden que esta “actitude neglixente da Xunta de Galicia vai supoñer un alto custo tanto para a tranquilidade das persoas maiores, como para a nosa economía“. Boten conta das horas de traballo que van ter que solicitar quen as acompañen a Burela para vacinarse tanto da Covid como da gripe.

O BNG de Ribadeo acusa de desexo “desmesurado por centralizalo todo e ir baleirando de contido os centros de saúde, o goberno da Xunta, co apoio incondicional dos deputados e deputadas do PP que o sustentan”. Con isto ven que o Partido Popular de novo vai cometer unha nova manobra contra o sistema sanitario público galego, “no canto de optar por unha campaña de vacinación achegada aos diferentes centros de saúde que facilite a mesma, prefiren desprazar a xente de xeito masivo cara ao Hospital Comarcal de Burela”.

Ademais disto, o BNG ribadense engade que “é tal a carraxe que teñen das imaxes do colapso dos centros de saúde, que eles mesmos (Xunta) provocaron, que agora fan as cousas do revés, polo seu propio interese, con tal de dar a sensación de que hai total normalidade neles”.

 

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...