InicioOrientalRibadeoAPAGA retoma as mobilidades europeas de alumnos e profesores de automoción

APAGA retoma as mobilidades europeas de alumnos e profesores de automoción

O presidente de Apaga subliña que “o centro do que veñen estes profesores é socio noso desde hai moitos anos e entón imos intentar volcarnos todo o posible. Levan colaborado con nosoutros desde hai anos e precisamente vamos iniciar con eles un proxecto novo, de innovación, no 2023”.

Publicada o

- Advertisement -

Apaga retoma as mobilidades europeas de alumnado e profesorado desde agora e ata finais de ano, segundo da a coñecer o presidente da asociación, Álvaro Doural. Dous alumnos realizan prácticas en Portugal e un en Croacia. Ademais a vindeira semana chegarán á Mariña dous docentes turcos que visitarán empresas e centros de ensino tanto en Galicia como en Asturias.

Doural conta que “os dous profesores turcos van estar aquí dez días con nós. Chegarán o 18 e a actividade está centrada na visita a centros educativos e a empresas do sector. Van estar en Otelec, que se dedica á electricidade e está no polígono industrial de San Cosme de Barreiros; van ir ao IES As Mariñas, de Betanzos, onde tamén verán empresas do sector eléctrico e electrónico, que é da especialidade da que son estes dous profesores; e tamén van facer unha visita ao Centro Integrado de Formación Profesional de Avilés, onde van estar toda a xornada e aproveitarán para ver empresas. Estamos a contactar tamén para intentar que vaian a Astilleros Gondán e a Hermanos Rega, onde se aproveitaría para que vexan tamén o serradoiro de Rubal e Finca Galea”.

O presidente de Apaga subliña que “o centro do que veñen estes profesores é socio noso desde hai moitos anos e entón imos intentar volcarnos todo o posible. Levan colaborado con nosoutros desde hai anos e precisamente vamos iniciar con eles un proxecto novo, de innovación, no 2023”.

A actividade de Apaga non para: “ata finais deste ano isto vai ser actividade continua de mobilidade con varias saídas: a Turquía, a Italia, a Croacia, a Suecia, a Portugal. Aproximadamente 40 profesores van realizar mobilidades noutros países da Unión Europea. Neste momento temos tamén a dous alumnos en Portugal, nunha empresa, e outro en Croacia. E ademais van saír outros a Portugal nos mes que vén”.

E engade que “polo tanto neste momento estamos cunha intensidade de traballo tremenda porque tíñamos moitas cousas acumuladas pola pandemia e entón a ver se de aquí a finais de decembro lle damos saída a todo isto”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...