Finalizado o obradoiro de risoterapia para mulleres organizado polo concello de Ribadeo

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, apuntou que “no taller de carácter gratuíto e dunha duración de tres horas en Rinlo e outras tres en Ribadeo, realizáronse exercicios e actividades para obter benestar mental e emocional utilizando a mellor e máis natural menciña, a risa”.

Consistorio de Ribadeo. AXM

O pasado martes finalizou o Obradoiro de Risoterapia para mulleres, que se desenvolveu desde o mes de setembro na Escola Vella de Rinlo e no Auditorio Municipal de Ribadeo.

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire Rancaño, sinalou que “o obradoiro posto en marcha pola Área de Igualdade, foi impartido por Sergio Trillo, psicólogo social, con experiencia nos ámbitos de servizos sociais, a educación e rehabilitación de dano cerebral e saúde mental. As asistentes aprenderon os beneficios que a risa ten para a saúde”.

A edil ribadense apuntou que “no taller de carácter gratuíto e dunha duración de tres horas en Rinlo e outras tres en Ribadeo, realizáronse exercicios e actividades para obter benestar mental e emocional utilizando a mellor e máis natural menciña, a risa”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here